Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre unha temática da materia previamente consensuado co/a seu/súa titor/a.
Trátase dunha actividade autónoma do/a estudante (asesorado/a polo/a titor/a) que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, análise de información e/ou de datos (no seu caso), redacción e elaboración dun documento final que logo presenta ante un tribunal
60
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o tribunal nomeado ao efecto do documento elaborado, seguindo as instruccións previamente comunicadas (tempo, procedemento, etc). 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para
poder matricularse no TFG será requisito imprescindible ter matriculadas todas
as materias requiridas para finalizar o plan de estudios

Para que a nota do TFG se lle incorpore ao Expediente do/a estudiante, deberá ter superadas tódalas materias do Grao.

Para
poder matricularse no TFG será requisito imprescindible ter matriculadas todas
as materias requiridas para finalizar o plan de estudios

Para que a nota do TFG se lle incorpore ao Expediente do/a estudiante, deberá ter superadas tódalas materias do Grao.

1. O alumnado solicitará a presentación e avaliación do TFG
co visto e prace do seu respectivo titor/a académico (Art. 10)

2. A Comisión Permanente nomeará o tribunal de avaliación do
Traballo de Fin de Grao entre o profesorado da titulación (ou de titulacións
afíns, se fose necesario) que nese curso académico teña ofertado liñas
temáticas para o TFG. Este constituirase polo menos por tres persoas, cos seus
respectivos suplentes, que exercerán presidencia, secretaría e as funcións de
vogal, sendo alomenos dous deles docentes con vinculación permanente á
Universidade (Art. 9)

-Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal
avaliador deliberará sobre a cualificación tomando en consideración o informe
emitido polo/a titor/a académico, a calidade do contido do TFG, así como a propia
exposición, en particular, a claridade expositiva e a capacidade de debate e
defensa argumental do/a alumno/a.

-A cualificación será a suma ponderada da
cualificación do
Tribunal mais a valoración do/a titor/a. A valoración do Tribunal será
a  media aritmética  das notas atribuídas por cada un dos seus
membros. (Art. 12)

(NORMATIVA DO TRABALLO FIN DE GRAO DA FACULTADE DE CIENCIAS
DA EDUCACIÓN. UNIVERSIDADE DE VIGO, aprobada en Xunta de Centro do 8 de maio de
2012)

IMPORTANTE:

O TFG debe ser un traballo persoal no que se constrúa un
discurso propio. Cando se utilicen ideas
ou palabras de outra autoría acreditarase explicitamente a súa procedencia
.