Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Tecnoloxías avanzadas de fabricación
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, na especialidade de Mecánica, que teñan por obxecto, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización.
B5 CG5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos.
C15 CE15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
C26 CE26 Coñecemento aplicado de sistemas e procesos de fabricación, metroloxía e control da calidade.
D8 CT8 Toma de decisións.
D9 CT9 Aplicar coñecementos.
D17 CT17 Traballo en equipo.
D20 CT20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal