Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Procesos e produtos biotecnolóxicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos O traballo realizado durante os seminarios, estudo de casos e clases prácticas avaliarase en base a:
- asistencia
- actitude e participación do alumnado durante as sesións
- calidade dos informes presentados
20 B3
B4
C16
C19
D1
D2
D3
D9
D10
D16
D17
Presentación Realizarase unha exposición do traballo tutelado realizado durante o curso, que se valorará en base á súa claridade, rigor e demostración do coñecemento adquirido sobre o tema. 10 D1
D3
D16
D17
Traballo tutelado Avaliarase a memoria presentada sobre o tema de traballo asignado. Esta memoria deberá incluír uns aspectos mínimos, baseados nunha guía que se proporcionará ao alumnado. 10 B3
B4
C16
C19
D1
D2
D3
D9
D10
D16
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse probas escritas, nas que se incluirán preguntas de desenvolvemento, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. 30 B3
B4
C16
C19
D1
D2
D3
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse probas escritas, nas que se incluirán cuestións ou exercicios de resposta curta e problemas, para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia. 30 B3
B4
C16
C19
D1
D2
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Consideracións
sobre a avaliación continua.

  • A participación do
    estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de
    presentado/a e, por tanto, a asignación dunha cualificación en actas.
  • É obrigatoria a
    asistencia a un mínimo do 80% das prácticas (laboratorio, saídas de campo,
    seminarios), que non se poderán recuperar.
  • Para superar a materia,
    o alumnado deberá obter como mínimo unha cualificación de 5 puntos sobre 10 no
    exame parcial e no exame final, e un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada un dos
    outros apartados de avaliación (prácticas de laboratorio/seminarios, traballo).
    En calquera caso, a cualificación global necesaria para aprobar a materia,
    resultante da suma ponderada de todos os apartados de avaliación, será de 5
    puntos sobre 10.
  • O alumnado poderá
    renunciar ao sistema de avaliación continua mediante o procedemento e no prazo
    establecidos polo Centro. De ser solicitada e autorizada dita renuncia, o 100 %
    da cualificación asignarase mediante a realización dun exame final, no que se poderán
    facer preguntas sobre todos os coñecementos impartidos na materia, incluídos os
    correspondentes ás clases prácticas.

 2. Consideracións
sobre os exames (parcial e final).

·      
Probas parciais. Durante o curso realizarase unha proba parcial de carácter
eliminatorio, que incluirá problemas e/o exercicios, así como preguntas de
desenvolvemento, e que terá un peso na cualificación global do 30 %. Para
superar esta proba, deberase obter como mínimo unha cualificación de 5 puntos
sobre 10.

  • Exame final 1ª oportunidade.
    Incluirá os contidos non avaliados na proba
    parcial, e terá un peso relativo do 30 % na cualificación global da materia. En caso de non superar a proba
    parcial, darase a oportunidade ao alumnado de repetir a avaliación dos contidos
    correspondentes, na mesma data asignada para o exame final
  • Exame final 2ª oportunidade.
    O exame poderá ter preguntas sobre todos os
    coñecementos impartidos na materia, incluídos os correspondentes ás clases
    prácticas. O alumnado que obtivese a
    cualificación mínima establecida nesta guía para os diversos apartados de
    avaliación (prácticas de laboratorio/seminarios, traballo, exame parcial),
    poderá examinarse só do resto de contidos.

 3.  Consideracións
sobre as actas

  • Acta de 1ª
    oportunidade.
    A cualificación global será a
    suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas (prácticas, traballo, exame
    parcial e exame final), sempre que se teñan superado as cualificacións mínimas
    esixidas (4 puntos sobre 10 en prácticas e traballo, 5 puntos sobre 10 en
    exames parcial e final). En caso de suspender ou non
    presentarse ao exame parcial e/ou ao final, na acta reflectirase a
    cualificación de Suspenso, cun valor numérico resultante da suma ponderada das
    cualificacións de prácticas e traballo, aplicando as porcentaxes de
    contribución á nota global especificadas nesta guía; os contidos aprobados
    nestes dous apartados consideraranse como superados con vistas á convocatoria
    correspondente á segunda edición da acta.
  • Acta de 2ª
    oportunidade.
    A cualificación global será a
    suma ponderada das obtidas en todas as probas realizadas, sempre que se teñan
    superado as cualificacións mínimas esixidas. En caso de suspender ou non
    presentarse ao exame final, na acta reflectirase a cualificación de Suspenso,
    cun valor numérico resultante da suma ponderada das cualificacións de prácticas
    e traballo, aplicando as porcentaxes de contribución á nota global especificadas
    nesta guía

 4. Consideracións éticas                                        

Espérase que o
alumnado presente un comportamento ético adecuado no que concierne a copia,
plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados ou compromiso
co traballo colaborativo. En caso contrario, considerarase que o alumnado non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Por último, non
se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas
de avaliación salvo autorización expresa. No caso de detectar a súa presenza na
aula de exame será considerado un motivo de non superación da materia no actual
curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

 

Calendario
de exames actualizado: https://eei.uvigo.es/gl/alumnado/planificacion-academica/calendario-de-exames/

 

Profesora responsable de grupo: María Asunción
Longo González

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal