Exame de preguntas de desenvolvemento |
NEL GRADO EN DEREITO: Faranse tres exames orais liberatorios, na data indicada no cronograma, cuxo valor total na nota final será dun 30%. O restante 30% sumarase cando se realice o exame escrito, que consistirá en dúas preguntas teóricas. Quen non vaia superando os exames parciais liberatorios, terá que contestar tres preguntas teóricas no exame escrito. E o alumno que non tome parte na avaliación continua, deberá, nese mesmo exame escrito, ademais das preguntas teóricas, resolver un caso práctico.
NO DOBRE GRAO ADE/DEREITO: Resolución dun caso práctico, que se ten que aprobar para que se corrixa a pregunta teórica que tamén contén o exame. |
60 |
|
|
|
|
O alumno ten que alcanzar a nota mínima de 5 no exame final para que lle poida ser sumada a esta cualificación a da avaliación continua.
As cualificacións da avaliación continua só se manterán nas dúas convocatorias do mesmo curso académico.
En cada convocatoria, tanto quen sexan repetidores como quen non sigan a avaliación continua, terán dereito a un exame final no que poden alcanzar o 100% da nota. O mesmo sucede co exame fin de carreira. As datas e horas das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as que se especifican no calendario aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico correspondente. |