Nestas horas de traballo o profesorado resolverá problemas de cada un dos temas e introducirá novos métodos de resolución non contidos nas clases maxistrais desde un punto de vista práctico. O alumnado tamén deberá resolver problemas propostos polo profesorado co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B3, B4, C1, D2 e D3.
Prácticas de laboratorio
Nestas prácticas utilizaranse a ferramenta informática MATLAB para estudar e aplicar os métodos numéricos de aproximación de integrais descritos no Tema 2 da materia. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B4, C1, D2 e D3.
Lección maxistral
O profesorado exporá neste tipo de clases os contidos teóricos da materia. Con esta metodoloxía trabállanse as competencias B3, C1, D2 e D3.