CONVOCATORIA PARA 1ª OPORTUNIDADE A cualificación final (CF) do alumno determinarase tendo en conta a cualificación obtida nas probas de avaliación continua (CE) e a obtida na proba final (EF). A nota da avaliación continua (CE) terá un peso do 60% e a nota do exame final (EF) un 40%. Ademais, para aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima de 3.5 no exame final. Para o alumnado que non segue a modalidade de avaliación continua, a nota final (CF) coincide coa da proba escrita do exame final (EF). Para o alumnado que segue a modalidade de avaliación continua, a cualificación final (CF) obtense segundo as seguintes expresións: Se EF>= 3.5, a cualificación final é CF=EC*0.6 + EF*0.4 Se EF < 3.5, a cualificación final é CF = EC*0.36 + EF*0.4 Exemplos: -EC=6 y EF=3. A cualificación final é CF=6*0.36+3*0.4=3.4 (Suspenso) -EC=5 y EF=3.5. A cualificación final é CF=5*0.6+3.5*0,4=4.4 (Suspenso) -EC=6 y EF=3.5. A cualificación final é CF=6*0.6+3.5*0.4=5 (Aprobado) -EC=9 y EF=4. A cualificación final é F=9*0.6+4*0.4=7 (Notable) -EC=9 y EF=9. A cualificación final é CF=9 (Sobresaliente) CONVOCATORIA PARA 2ª OPORTUNIDADENon se gardará para a segunda oportunidade ningunha das cualificacións obtidas nas probas de avaliación continua (CE) realizadas ao longo do curso ou na data do exame final de 1a oportunidade. É dicir, a cualificación obtida no exame final de 2a oportunidade representa por si mesma ata o 100% da nota final da materia. COMPROMISO ÉTICO
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados...), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias da materia.
IMPORTANTE: Esta é unha tradución da guía docente en castelán. En caso de conflito prevalecerá a versión en castelán. |