Exame de preguntas obxectivas |
As cuestións requirirán interpretación de saídas de programas de computador, ademais de temas teóricos. |
35 |
|
|
C1 C10
|
D1 D5 D7
|
Cada curso académico, o estudantado ten dereito a dúas convocatorias: 1) Convocatoria ordinaria, no semestre de ensino; 2) Convocatoria extraordinaria, en xuño / xullo.
En cada convocatoria, o/a estudante poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de Avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A AC será o sistema preferente. O estudantado ten de prazo ata o 15 de outubro para comunicar por email ao/á profesor/a de a materia a súa renuncia á avaliación continua. La elección de EG supone a renuncia ao dereito de seguir evaluándose mediante as actividades de AC que resten e a calificación obtenida ata ese momento en calqueira das pruebas xa realzadas.
Avaliación continua (AC):
- A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria (excepto por causas xustificadas).
- Primeira oportunidade (convocatoria ordinaria): A cualificación final será a suma ponderada
das notas correspondentes ao traballo nas prácticas (30%) e dous exames
parciais (35% cada un). Se o/a estudante non consegue unha
nota de 5 puntos ou superior, poderá
renunciar á cualificación dos parciais e presentarse a proba
final na data oficial da proba de AG (primeira convocatoria). Nese caso, a nota será igual á
suma ponderada da nota das prácticas (30%) e a proba final (70%).
- Segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria xuño/xullo): A cualificación final será a suma ponderada da nota das prácticas (30%) e a proba final (70%) que se realizará na data oficial da proba de AG (segunda convocatoria).
Avaliación global (AG, en caso de renunciar á avaliación continua):
- Primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro): o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.
- Segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo): o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.
Na convocatoria Fin de Carreira, o 100% da nota total obtense a través dunha proba final global.
As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) e da convocatoria de Fin de Carreira son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
|