Nestas sesións de laboratorio informático aplicaranse os coñecementos adquiridos nas
clases teóricas e prácticas para realizar supostos prácticos coa axuda dun paquete informático econométrico. Os alumnos traballarán de forma autónoma, individualmente ou en grupo, baixo a supervisión do profesor.
Lección maxistral
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, complementada co uso de medios audiovisuais, así como a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudante, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.