Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía I
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Microeconomía II/V03G100V01404

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/V03G100V01303

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía: Principios de economía I/V03G100V01102
 
Outros comentarios
Non existe ningún requisito formal para poder cursar esta materia, aínda que resulta recomendable ter superada a materia do primeiro curso "Economía. Principios de Economía I". Suponse que os alumnos están familiarizados con conceptos económicos básicos: demanda, oferta, equilibrio, elasticidade, competencia perfecta. Ademais, o alumno debe posuír coñecementos básicos de matemáticas, adquiridos no bacharelato e na materia de matemáticas cursada no primeiro ano do grao. En particular, o alumno debe ter coñecementos elementais de álxebra (operación e manipulación de expresións algebraicas, resolución de sistemas de ecuacións), representación gráfica de funcións dunha variable, derivación de funcións dunha variable e obtención de derivadas parciais en funcións de varias variables. Na plataforma docente poderase consultar información relevante para o seguimento da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000