Guia docente 2024_25
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS E DA AVALIACIÓ:

- ESCENARIO DE DOCENCIA ADAPTADA

Atendendo ás previsións e recomendacións comunicadas desde o Centro e o Reitorado, no escenario de docencia mixta manteranse a planificación da docencia e as metodoloxías docentes e de avaliación (incluídos as súas respectivas porcentaxes e comentarios específicos) recollidas na Guía Docente orixinal (modalidade presencial).

No que respecta a a docencia teórica (leccións maxistrais e seminarios), dividirase aos alumnos matriculados nos grupos que sexa necesario para poder respetar as distancias de seguridade recomendadas tendo en conta a aula física (Aula Integra) asignada para a docencia da materia, segundo as directrices do Reitorado, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais e o propio Centro. En canto á docencia práctica levará a cabo de forma presencial, en grupos non superiores a 20 alumnos, respectando escrupulosamente as medidas de seguridade e protección establecidas polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais e o propio Centro.

- ESCENARIO ALTERNATIVO, previsto para situacións temporais limitadas por restricións locais derivadas de brotes ou peches na localidade en que se atope o centro docente. No caso de que a docencia teórica e/ou os seminarios non poidan ser impartidas de forma presencial, serán impartidas a través do campus remoto da universidade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000