Explicación introductoria dos obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación e bibliografía relativos a esta asignatura.
Lección maxistral
Presentación teórica dos contidos desta materia.
Seminario
Análise e comentario de textos, intercambio de ideas sobre dita análise e cuestións teóricas, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico.
Presentación
Breves presentacións orais sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que expoñan argumentos sólidos e empreguen evidencias textuais, contextuais e críticas, seguindo as convencións académicas.
Traballo tutelado
Traballos escritos sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que constrúan argumentos sólidos e empreguen evidencias textuais, contextuais e críticas, seguindo as convencións académicas.