Exame de preguntas de desenvolvemento |
Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. |
30 |
A2 A4 A5
|
B9 B10
|
C12
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. |
30 |
A2 A4 A5
|
B9 B10
|
C12
|
|
Primeira edición de actas (decembro-xaneiro): O estudantado debe escoller a
principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación
global. Recoméndase, en todo caso, o primeiro. Para non perder a avaliación
continua será necesario realizar, como mínimo, tres dos exercicios indicados
pola profesora nas aulas prácticas. O estudantado que siga o sistema de avaliación continua deberá notificalo
nas catro primeiras semanas de clase. Realizará dous exames obrigatorios. O
primeiro na segunda semana de novembro, no que a cualificación supoñerá o 30%
da nota final. O segundo, ao final de cuadrimestre, na data establecida no
calendario oficial de exames da FFT (dispoñible en:
http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/), no que a cualificación supoñerá o
30% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar
varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. Ademais, o 30%
da nota final obterase coa resolución de exercicios relacionados con algúns
temas que se realizarán nas aulas prácticas. O estudantado deberá realizar
tamén dous cuestionarios nas aulas prácticas, un á metade do cuadrimestre e
outro na última sesión, cun valor cada un de 0,5 puntos sobre a cualificación
final (10% da nota final). No cuestionario cada dous erros, incluíndo as non
contestadas, restarase un acerto. O estudantado que non siga o sistema
de avaliación continua terá avaliación
global mediante un exame obrigatorio, na data oficial establecida no
calendario de exames da FFT (dispoñible en:
http://fft.uvigo.es/es/docencia/examenes/). O exame constará dunha parte
teórica e doutra práctica. A parte teórica, que representa o 60% da
cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica,
que representará o 40% da cualificación, versará sobre aspectos prácticos da
materia que foron traballados durante o curso. Na segunda edición de actas (xuño): (A) O estudantado de avaliación
continua que obtivo nos traballos prácticos unha cualificación de polo
menos 5 sobre 10, non terá que volver presentalos. Deberá superar só un exame
sobre a materia impartida nas clases teóricas, que coincidirá coa data
establecida no calendario oficial de exames da FFT, no que a cualificación
supoñerá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e
contestar varias preguntas teóricas relacionadas co temario. (B) O estudantado que non
consiga a nota mínima requirida durante o curso nos traballos prácticos e o
de avaliación global deberá realizar
un exercicio escrito, que coincidirá coa data establecida no calendario oficial
de exames da FFT. O exame constará dunha parte teórica e doutra práctica. A
parte teórica, que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do
programa da materia. A parte práctica, que representará o 40% da cualificación,
versará sobre aspectos prácticos da materia que foron traballados durante o
curso. |