Na 1ª edición das actas, o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As probas non entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario dar conta da lectura anotada, elaborar e presentar o traballo na data requirida e obter polo menos 10/20 en cada unha das tres probas finais, que terán lugar dentro do período oficial de exames, na data aprobada en Xunta de FFT.
O alumnado que, por motivos debidamente xustificados, non poida acollerse á avaliación continua deberá indicalo ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100% da materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: Lectura anotada: 25%, EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%, Este exame final terá lugar dentro do período oficial de exames, na data aprobada en Xunta de FFT.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)
Na segunda edición das actas (xullo), todo o alumnado proveniente da primeira convocatoria (decembro-xaneiro), tanto na modalidade de avaliación continua como na de avaliación única, examinarase exclusivamente da parte da materia que non supere. O alumnado que non se presentou na primeira convocatoria será evaluadoen esta segunda polo procedemento de avaliación única.
O exame nesta convocatoria terá lugar durante o período de exames de xullo, na data aprobada en Xunta de FFT.
Notas xerais
O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.
Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.