=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
En caso de nova alerta sanitaria, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense as mesmas metodoloxías, para a lección maxistral combinaráse a clase síncrona con vídeos explicativos de forma asíncrona a través de MOOVI.
A atención personalizada realizaráse por medio de titoría personalizadas a través do despacho virtual.
Non hai ningunha modificación dos contidos ou a bibliografía.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense tamén os sistemas de avaliación pois poden facerse de xeito virtual.
No caso de que algún alumno ou alumna opte pola avaliación única, o exame realizaráse a través de MOOVI de forma síncrona e na data que marque a FFT. |