Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Con esta metodoloxía preténdese avaliar os resultados de polo menos 3 actividades realizadas durante o curso (tradución e revisión de segmentos, aplicación de conceptos, manexo de instrumentos, exposición de textos de lectura obrigatoria, exercicios relacionados cos contidos da materia etc.).
As actividades poden realizarse tanto dentro da aula como fóra dela.
25 A3
A4
C4
C8
C26
C27
D4
D6
D15
D16
D18
Resolución de problemas de forma autónoma Encarga 1 (20 %)
Encarga 2 (25 %)
Encarga 3 (30 %)

O alumnado realizará tres encargas de tradución ou postedición. A primeira deberá entregarse na semana 6 do cuadrimestre, a segunda na semana 12 e a terceira na semana 14.
75 A3
A5
C4
C17
C22
D4
D7
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumnado deberá seguir os requirimentos arriba indicados.

 

Avaliación única

O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá presentarse ó exame na data fixada polo calendario oficial para ser avaliado dos contidos da materia, tanto procedementais (que suporán o 20 % da nota da materia) cómo prácticos (o 80 %). O docente indicará que partes deste exame deberán realizarse de maneira presencial / non presencial e, de ser o caso, que prazos son os que se aplican.

O alumnado de avaliación única que non se puxese en contacto co docente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que confirmase a súa participación nunha proba non presencial e que non entregase os resultados da proba dentro do prazo sinalado será cualificado con 0 (cero).


O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá presentarse ó exame na data fixada polo calendario oficial para ser avaliado dos contidos da materia, tanto procedementais (que suporán o 20 % da nota da materia) cómo prácticos (o 80 %). O docente indicará que partes deste exame deberán realizarse de maneira presencial / non presencial e, de ser o caso, que prazos son os que se aplican.

O alumnado que non se puxese en contacto co docente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que confirmase a súa participación nunha proba non presencial e que non entregase os resultados da proba dentro do prazo sinalado será cualificado con 0 (cero).

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolla ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir cando menos ó 80 % das sesións. O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua, mais que por razóns xustificadas non poida asistir con regularidade ás clases presenciais, deberá comunicarlle estas circunstancias ó docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio 

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suponrá un cero nesa proba. Aducir descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Teledocencia 

O alumnado ten a responsabilidade de consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de docencia e de manterse informado das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000