Educational guide 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Proxecto O alumnado realizará 2 proxectos que suporán, cada un, un 20 % da nota da materia. A primeira entrega será para a semana 10 do cuadrimestre e a segunda para a semana 14. 40 CB3
CE4
CE8
CE17
CE18
CT2
CT4
CT6
CT7
CT9
Traballo O alumnado realizará 3 encomendas de tradución/revisión ou postedición que suporán, cada unha, un 20 % da nota da materia. A primeira será para entregar na semana 06 do cuadrimestre, a segunda na semana 12 e a terceira na semana 14. 60 CB4
CB5
CE22
CE24
CE26
CE27
CT15
CT16
CT18
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta.

Avaliación continua

O alumnado deberá seguir os requirimentos arriba indicados.

Avaliación única

O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá mandar unha mensaxe de correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para recibir as condicións das probas de avaliación. Estas abranguerán todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 20 % da nota da materia) como prácticos (o 80% da nota).

O alumnado de avaliación única que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado.

Segunda edición de actas

O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda. Para iso deberá poñerse en contacto por correo electrónico ata dous días antes da data marcada no calendario oficial para ser avaliado de todos os contidos da materia, tanto teóricos (que suporán o 20 % da nota da materia) como prácticos (o 80 % da nota).

O alumnado que non se puxera en contacto o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado.

Outros comentarios

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ao equipo docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de docencia e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000