Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Idioma moderno: Idioma 2, I: Inglés/V01G230V01105
Idioma moderno: Idioma 2, II: Inglés/V01G230V01205

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación/V01G230V01209
 
Outros comentarios
En xeral, para cursar a materia de Tradución Idioma 2, I inglés-español o alumnado deberá posuír certos coñecementos e destrezas previos que se consideran ferramentas básicas de traballo: - dominio das normas cultas das dúas linguas de traballo e corrección na expresión oral e escrita - lectura comprensiva de textos (detección de dobres sentidos, intencionalidades ocultas, ironía, manipulación ideolóxica, etc.) escritos nas dúas linguas de traballo - coñecementos de ofimática, comunicación electrónica e internet: procesador de textos, correo electrónico, navegadores, dicionarios e enciclopedias electrónicos, correctores ortográficos, etc. - uso eficiente dos fondos das bibliotecas, das fontes de documentación e dos dicionarios Para conseguir estes prerrequisitos proponse o seguinte plano de traballo que o alumno debería desenvolver antes de comezar o período de docencia: - estudo das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma español e da gramática inglesa - exercicios de lectura de todo tipo de textos escritos nas dúas linguas de traballo - traballo práctico co ordenador para familiarizarse co seu manexo, cos distintos programas e cos diferentes formatos textuais - sesións de traballo práctico na rede: busca e consulta de fontes de documentación (dicionarios, enciclopedias), xestión de contas de correo electrónico, envío de arquivos, etc. - asistencia aos cursos de formación ofrecidos pola biblioteca xeral e pola biblioteca da Facultade
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal