Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da docente e do alumnado.
Posta en común dos coñecementos previos e intereses particulares sobre a materia por parte do alumnado.
Repaso das fontes de documentación útiles para a tradución entre inglés e español.
Debate Repaso dos conceptos teóricos consignados nos contidos.
Posta en común razoada e crítica sobre as dúbidas, inquedanzas e lagoas xurdidas no transcurso
das distintas tarefas realizadas ou encargadas na clase.
Resolución de problemas de forma autónoma Detección, investigación, resolución e xustificación dos numerosos casos e tipos de problemas de
tradución que poden xurdir na tradución dos distintos exemplos e tipoloxías de textos propostos na
clase.
Eventos científicos Asistencia a charlas, mesas redondas e actividades culturais relacionadas coa materia.
Estudo de casos Simulación de situacións reais de tradución e toma de decisións por parte de alumnado sobre os numerosos factores que inflúen na realización dun traballo de tradución de calidade (relación co cliente, prazos, formato, función, pasos previos ou posteriores, planificación, revisión, traballo en equipo...).
Resolución de problemas Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na
realización de distintas tarefas propias da tradución de textos de inglés a español.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000