Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias O obxectivo fundamental das actividades introdutorias é recoller información sobre os coñecementos de partida, os intereses e as motivacións dos discentes.
Lección maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e fontes de información. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos ilustrativos que aseguren a adecuada comprensión.
Traballo tutelado Actividades prácticas orientadas na aula pola docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, nestes traballos de aula serán suxeridas certas actividades que se desenvolverán coa colaboración de alumnos e docente.
Resolución de problemas Actividade práctica. Formularanse na aula ou a través da plataforma Moovi unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para consolidar coñecementos teóricos.
Traballo tutelado Actividade práctica. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, realizar un cartafol comentado de textos de especialidade, analizar os recursos de modaliación nun conxunto de artigos científicos divulgativos, etc.).
Presentación Actividade práctica. A docente proporcionará unha serie de recursos para afrontar de forma correcta unha exposición oral. Unha vez terminado este paso, a actividade por parte do discente consistirá na exposición oral ante os compañeiros dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os temas da asignatura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000