Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, II: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación dos traballos 20 A2
A4
C8
C10
C18
D2
D4
D6
D12
D15
D17
D23
Práctica de laboratorio Probas de coñecemento e práctica da lingua francesa 20 A3
A5
C18
D10
D22
D23
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de coñecemento da teoría e aplicación da mesma e completado coa resolución práctica de exercicios gramaticais 40% e avaliación da expresión escrita 20% 60 A1
A4
A5
C4
C18
C30
D4
D6
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua; para ser avaliado na materia será
necesario ter entregado os traballos na data requirida, un traballo a mediados de cada mes. Tamén se terá en conta a participación activa no curso. Solo computarán para facer a media as
probas ou traballos cun mínimo dun valor de 4/10 se non o alumnado terá que ir á sesión final. En caso de plaxio, a
nota final é de suspenso.

Haberá una proba final para os alumnos de avaliación continua
na última semana de docencia que será publicada en Moovi. Será  de
contido práctico e teórico (60%: 40% de aplicación da parte teórica e 20% de avaliación da expresión escrita). Para superar a materia farase a media e
haberá que superar cun mínimo dun 4 cada una das partes.

Terase en conta para a Avaliación: a lectura do libro como destreza de comprensión lectora, a expresión oral, a argumentación, a expresión escrita e a gramática vista ao longo do curso.

Para os alumnos non acollidos a esta
modalidade a nota da proba será un 100%. O examen para o alumnado de avaliación única será a data
establecida no calendario de exames da FFT.

Os alumnos que non superen
a avaliación continua e os que non se presentaron ao Final, farán en
xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota (30/70 parte
práctica e teórica) na data
establecida no calendario de exames da FFT.

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia
. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas máis tamén a súa corrección lingüística.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000