Educational guide 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A1, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma Cada estudante deberá facer dous exercicios prácticos que serán corrixidos e entregados. 10 CE3
CE4
CE18
CE24
Traballo tutelado Consistirá nun traballo escrito en grupo (2 ou 3 persoas) sobre un conxunto de temas propostos o primeiro día de clase (publicados na plataforma MOOVI) (2 puntos). A presentación farase nun vídeo (1 punto). 30 CE3
CE24
CE27
Exame de preguntas obxectivas Haberá dúas probas por un valor total do 50% 1ª 25%, ó rematarmos o tema 1. Esta parte deberá repetila ó final do cuadrimestre todo o alumnado que non consiga unha puntuación do 50% da nota. 2ª proba 25%, ó remate das clases: temas 2 e 3. Ambas probas poderán ser recuperadas no exame final, na data fixada pola Facultade.
50 CE3
CE4
CE18
CE24
Observación sistemática Consistirá na comprobación da asistencia e participación activa do alumnado. 10 CE4
CE27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se se considerar preciso, haberá unha proba diagnóstica ó principio do curso que non contará na avaliación. 

IMPORTANTE: o tema 4 non será explicado na clase xa que atinxe a cuestións básicas de lingua instrumental que deben estar superadas. Na plataforma haberá material por se alguén necesitar un repaso destes contidos. 

1ª Edición das actas

-Avaliación continua

As porcentaxes indicadas soamente se aplicarán nos casos en que o alumnado realice as dúas probas previstas e entregue os comentarios dos textos e mailo traballo sobre os textos propostos, é dicir, que opte pola avaliación continua. Se non se entregaren as probas, enténdese que se renuncia á avaliación continua. Importante: é condición para aprobar a materia a entrega dos exercicios, o traballo e a presentación ó exame. 

-Avaliación única

O alumnado que  se acolla ó sistema de avaliación única deben presentarse a un exame (80% da nota) sobre os 4 temas do temario. Tamén deberá presentar o traballo tutelado polo valor do 20%. Importante: é condición para aprobar a materia a entrega do traballo e a presentación ó exame. 

As dúas partes do exame farán media entre si a partir dun 4.5. Se non se consegue o 5, despois de facer esa media, e se hai unha parte aprobada, a nota desta pódese gardar para a seguinte edición das actas.

As prácticas deben ser entregadas todas para manter a avaliación continua pero non é necesario obter unha determinada nota en cada unha delas e no seu conxunto.

O traballo tutelado poderá facer media co resto das probas a partir de 4. 

Enténdese que para aprobar a materia hai que obter un 5 na suma de todas as probas. 

2ª Edición das actas

O alumnado que  se acolla ó sistema de avaliación única deben presentarse a un exame (80% da nota) sobre os 4 temas do temario. Tamén deberá presentar o traballo tutelado polo valor do 20%.

O alumnado de avaliación continua que teña que se presentar a esta segunda edición das actas pode manter as notas obtidas na primeira edición. 

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000