Presentación da materia e orientación xeral sobre a mesma. Explicación detallada do proceso de avaliación que se seguirá na materia. Diagnóstico inicial para detectar os coñecementos previos do alumnado e descubrir os seus intereses e motivacións.
Lección maxistral
Presentación e explicación dos contidos da materia relacionados coas destrezas 'Grammar for Writing' e 'Academic Vocabulary'.
Resolución de problemas de forma autónoma
Análise e resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos e as destrezas comunicativas traballados na materia e tomados de diversas fontes, a realizar polo alumnado de forma autónoma dentro ou fóra da aula.
Seminario
Revisión conxunta, por parte do alumnado e profesorado, do desenvolvemento das actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballo tutelado
Elaboración de traballos escritos tutelados na aula sobre a destreza comunicativa de 'Writing'.