Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Variación e cambio do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01911

 
Outros comentarios
O nivel de inglés para seguir este curso debe ser un nivel avanzado, mínimo C1. É obrigatorio para todo o alumnado subir unha foto á plataforma de teledocencia durante a primeira semana de clase. A foto debe ser tipo carné ou suficientemente clara para apreciar a cara da/o estudante. Non se publicarán as notas de avaliación do estudantado que non proporcione foto. É responsabilidade do alumnado dispoñer dos medios telemáticos precisos para levar un bo seguimento das probas de avaliación e da materia. En caso de ter algún problema de tipo técnico que dificulte o acceso á docencia virtual, o alumnado debe poñelo canto antes en coñecemento dos servizos técnicos da universidade (SAUM), onde poderá recibir asesoramento. Os criterios aquí descritos tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus, etc.). En caso de non poder acceder á plataforma de teledocencia, o alumnado alleo deberá contactar co profesorado da materia canto antes. Cómpre recordar ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000