Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Describir a linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame parcial despois do primeiro bloque de contidos da materia. O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle expoñan. 50 CB1
CB2
CB3
CG3
CG4
CG8
CG11
CE37
CE38
CE39
CE40
CE41
CE42
CE43
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame parcial despois do segundo bloque de contidos da materia. O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle expoñan. 50 CB1
CB2
CB3
CG3
CG4
CG8
CG11
CE37
CE38
CE39
CE40
CE41
CE42
CE43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación será continua e realizarase consonte o detallado
máis arriba. É obrigatorio realizar todas as probas previstas
na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas
obtidas nas probas parciais, aplicando as porcentaxes de
puntuación especificadas no apartado anterior. A nota mínima en cada unha das dúas partes da materia para facer media é de 4. O primeiro exame parcial terá lugar aproximadamente na
sexta semana de clases, e o segundo exame parcial despois do período de docencia na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.
O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira
edición das actas, será avaliado na segunda edición das
actas mediante un exame baseado nos contidos suspensos
da materia.

Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.

O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse
ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira
edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso.

Non é obrigatorio asistir ás aulas, aínda que se recomenda
encarecidamente asistir con regularidade e participar de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da
materia a través de Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única
na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan
facer un seguimento regular da materia. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único baseado nos
contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. A nota mínima en cada unha das dúas partes da materia para facer media será de 4. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame
parcial, despois do período de docencia, na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS


Tanto na avaliación única coma na continua, na segunda edición de actas a avaliación levarase a
cabo mediante un exame baseado nos contidos suspensos da
materia. Se unha alumna ou un alumno se presentase ao exame por primeira vez nesta segunda edición de actas (sen terse presentado á primeira convocatoria), deberá realizar o
exame de toda a materia. A nota mínima en cada unha das dúas partes da materia para facer media será de 4.

Este exame terá lugar na data
oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000