Aprendizaxe baseado en proxectos |
Durante o desenvolvemento dos proxectos grupais, realizaranse seguimentos periódicos que permitirán detectar as necesidades específicas de cada grupo e de cada membro. A docente prestará apoio individualizado en aspectos como a organización do traballo, a clarificación de obxectivos, o reparto de tarefas e o desenvolvemento de competencias como o liderado ou a comunicación. Así mesmo, fomentarase a autorreflexión e o acompañamento no proceso de aprendizaxe.
|
|
Resolución de problemas |
Na análise e resolución de casos, ofrecerase orientación individualizada para guiar ao alumnado na identificación dos problemas, na interpretación da información dispoñible e na toma de decisións. Esta atención, realizada durante os seminarios, centrarase en favorecer a autonomía, pero tamén en adaptar os apoios segundo o nivel de competencia do alumnado, permitindo así un avance máis personalizado no manexo de situacións complexas.
|
|