1. Para a superación da materia co sistema de avaliación continua arriba descrito, será necesaria a entrega, presentación e exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en todo o cuadrimestre). 2. No caso de que o alumnado queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación continua dentro do prazo e seguindo o procedemento establecido polo centro. 3. Descrición da avaliación global: Na data oficial establecida polo centro para o exame final, o alumnado deberá: - Realizar un exame teórico, definido polo equipo docente (60% da nota) - Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota) - Entregar un traballo consistente na elaboración dunha campaña publicitaria en base a un briefing definido polo equipo docente (20% da nota) Obtendo a cualificación mínima de aprobado (5) en todos e cada un deles. 4. O proceso de avaliación en segunda oportunidade será igual ao establecido para a avaliación global. 5. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a través da plataforma Moovi. E responsabilidade do alumnado estar atento á información que sexa precisa para superar a materia. |