=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determínen o atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse as mesmas metodoloxías docentes que as contempladas nunha situación sen alerta pero adaptándoas a unha modalidade online. A tal fin empregarase o Campus Remoto e outras ferramentas como Zoom, Moodle, Google Classroom, Microsoft Teams ademais de Faitic (e aqueloutras que estean dispoñibles no momento e poidan ser empregadas consensuadamente polo alumnado e as profesoras para desenvolverse na materia). Isto levará o cambio da parte práctica presencial á análise de vídeos relacionados coa práctica de Rítmico-Expresiva e de Ximnástico-Acrobática
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
As titorías desenvolveranse a través do campus remoto.
- Profª. Marián Fernández Villarino: Sala 889 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/424812353)
- Profª. Águeda Gutierrez Sánchez: Sala 1251 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/538827467)
Como alternativa, cando sexa necesario, realizaranse por skype ou correo electrónico (marianfv@uvigo.es; agyra@uvigo.es).
Poderase empregar a ferramenta como Doodle para a xestión das titorías e seminarios, así como a ferramenta kahoot para o control e desenvolvemento da aprendizaxe.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
HABILIDADES GIMNÁTICO-ACROBÁTICAS
* Probas xa realizadas
Mantense a avaliación teórica e practica igual
* Probas pendentes que se manteñen
Proba TEÓRICA: [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 65%]
Proba PRÁCTICA: [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 35%]
* Probas que se modifican
[traballo grupal de vídeo sobre un elemento ximnástico ] => [Análise e corrección da progresión dun elemento ximnásticos en formato vídeo]
* Novas probas
Proba PRÁCTICA: o exame práctico de forma presencial si hai que facelo de forma virtual farase mediante observación de erros de exercicios ximnásticos a través de vídeos que se subirán ás plataformas virtuais.
HABILIDADES RÍTMICO-EXPRESIVAS
* Probas xa realizadas
Mantense a avaliación igual
* Probas pendentes que se manteñen
Proba TEÓRICA: [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 65%]
Proba PRÁCTICA: [Peso anterior 50%] [Peso Proposto 35%]
* Probas que se modifican
[Proba Práctica: realización de coreografía grupal] => [realización semanal de análise de exercicios en vídeo]
* Novas probas
* Información adicional |