De decretarse polo reitorado "Docencia Non Presencial" os criterios de avaliación que se modificarán serán os seguintes:
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
- Eliminarase a obrigatoriedade de asistir presencial e fisicamente ao centro para a práctica, no entanto, esixirase cumprir co 80% da asistencia ás clases virtuais polo campus remoto ou vía que se estableza e/ou entrega de evidencias de asistencia e aproveitamento a devandita clase (podería ser o cubrir algún cuestionario, ficha de control, etcétera.).
- O resto de consideracións mantense igualmente: asistir o mínimo para poder avaliar no apartado de "resolución de problemas", asistir para poder entregar o exercicio do día en tempo e forma, proba alternativa si non se cumpre co mínimo (exame práctico final), solicitude por escrito de entrega e xustificación de ausencias e autorización, etcétera. (Véxase apartado "Avaliación - Prácticas de Laboratorio"
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
Este apartado está directamente vinculado ás prácticas de laboratorio. A posibilidade da entrega de cada "problema" está supeditada á asistencia a práctica dese día, xa sexa presencial ou virtual. (Véxase apartado de "Avaliación - Resolución de problemas). |