Convocatoria ordinaria
Avaliación continua
A avaliación continua desenvolverase ao longo do cuadrimestre mediante o seguimento do traballo do alumnado, a realización dos exercicios propostos nas sesións presenciais e a entrega dos traballos obrigatorios vinculados aos contidos da materia.
Para superar a materia por esta modalidade, será necesario entregar todos os exercicios e traballos obrigatorios establecidos, acadar unha cualificación final igual ou superior a 5 sobre 10 e obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos traballos obrigatorios. Se algún exercicio ou traballo obrigatorio obtén unha cualificación inferior a 4, non ponderará para superar a materia na convocatoria ordinaria e o alumnado deberá presentarse á segunda convocatoria.
Avaliación global
O estudantado que opte pola avaliación global deberá comunicalo por escrito á persoa responsable da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia. Esta elección suporá a renuncia á avaliación continua e a anulación das cualificacións obtidas por esa vía.
O alumnado acollido á avaliación global deberá presentar todos os traballos solicitados durante o cuadrimestre, equivalentes aos requiridos na avaliación continua, nas datas oficiais da convocatoria ordinaria.
A cualificación nesta modalidade corresponderase coa metodoloxía de resolución de problemas de forma autónoma, cun peso total do 100%.
Segunda convocatoria
Na segunda convocatoria, o alumnado deberá entregar os exercicios e traballos obrigatorios solicitados durante o cuadrimestre que non fosen presentados ou que obtivesen unha cualificación inferior a 4 na convocatoria ordinaria.
A data oficial da segunda convocatoria poderá consultarse na páxina web da Facultade:
https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-e-avaliacions/