Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión de entidades turísticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 20 A2
A3
A4
B1
B3
B5
B7
B8
C1
C5
C11
C13
D1
D3
D4
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 10 A2
A4
B3
B5
C10
C11
C12
C13
D1
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección única, elección múltiple, emparellamento de elementos...). 70 A2
A3
B3
B5
B8
C1
C5
C11
C13
D1
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: A realización das actividades dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballo en grupo, etc. Estas probas de avaliación continua estarán dirixidas a avaliar as actividades desenvolvidas polas alumnas e alumnos nas sesións presenciais nas que se valorará a correcta realización das tarefas encomendadas, que poden incluir a resolución de cuestionarios, estudos de caso, traballos individuais ou en grupo,realización e exposición oral de traballos dalgúns temas acordado coa profesora. Neste bloque presencial tense en conta a participación ecreatividade do alumnado.

- Para seguir a Avaliación Continua é obrigatorio presentarse ós exames parciais da materia, e ter un mínimo de asistencia dun 80% ás clases prácticas. As prácticas que conleven facer presentacións na aula só serán avaliadas se o alumno ou alumna as presenta e defende na aula, a menos que exista unha xustificación da súa ausencia na aula nese día co cal se computaría a práctica entregada igualmente por a plataforma.

- O prazo para mudar de avaliación continua a Global será do 21 de xaneiro ó 21 de febrero(ámbolos dous días incluidos),

comunicándoo á profesora neste prazo.

- Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación.

- Contémplase a realización de tresexames parciais da materia, o que se anunciaría nas clases e a través daplataforma de teledocencia. No caso de seguir o sistema de avaliación continuae non superar os dous primeiros parciais, os estudantes van con toda a materiaó exame final.

Os exames parciais constan de dúaspartes teoría e práctica, e deben aprobarse as dúas partes para eliminar amateria correspondente cunha nota mímima de 5 puntos.

- As notas das actividades deavaliación continua gárdanse ata a 2ª convocatoria oficial de xullo.

- En todos os exames seráobrigatorio identificarse de forma oficial (DNI, pasaporte) e esta prohibido ouso de dispositivos móbiles, smartphone ou calquera outro dispositivo electrónico,mesmo cando estean apagado ou en repouso. Incumprir estas dúas condiciónsinvalida a convocatoria para o cal este concorrendo.

- No caso de que un alumno sexa collido copiando nun exame parcial será motivo de pérdida da avaliación continua e a nota do exame será 0.

- Datas e horarios de probas deavaliación de diferentes chamadas especifícanse no programa de probas deavaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2024-2025. No caso deconflicto ou disparidade entre as datas das probas prevaleceran as sinaladas naweb da FCETOU.

AVALIACIÓN NON CONTINUA: Exame final que incluirá contidos teóricos e /ouprácticos mediante preguntas que poden ser tipo test, curtas, dedesenvolvemento ou estudios de casos.

Consta duha parte teórica querepresenta o 50% da nota e unha parte práctica que é o outro 50% da nota, edeben superarse as dúas partes. Esta proba é destinada a avaliar a comprensióndos conceptos adquiridos na materia, asumindo o 100% da nota e avaliar asítanto os conceptos de materia, como a claridade da exposición e o usogramatical e ortográfico correcto.

- No caso de que un alumno sexa collido copiando no exame final será motivo de suspender esa convocatoria e a nota global do exame será 0.

Respecto ás probas de avaliación das diferentes convocatorias: as datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual.

Para Avaliación continua e noncontinua:

- As características concretasdo exame final, tanto na avaliación continua como na non continua, serándetalladas por parte da coordinadora da materia (na clase e a través daplataforma de teledocencia), con anticipación ó mesmo.

- Os estudantes para aprobara materia deben obter unha nota igual ou superior a 5 puntos, sendo obrigatorio en tódolos casos superar o exame final ou os tres parciais.

Respecto ás probas de avaliación das diferentes convocatorias: as datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000