AVALIACIÓN CONTINUA: A realización das actividades dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballo en grupo, etc. Estas probas de avaliación continua estarán dirixidas a avaliar as actividades desenvolvidas polas alumnas e alumnos nas sesións presenciais nas que se valorará a correcta realización das tarefas encomendadas, que poden incluir a resolución de cuestionarios, estudos de caso, traballos individuais ou en grupo,realización e exposición oral de traballos dalgúns temas acordado coa profesora. Neste bloque presencial tense en conta a participación ecreatividade do alumnado. - Para seguir a Avaliación Continua é obrigatorio presentarse ós exames parciais da materia, e ter un mínimo de asistencia dun 80% ás clases prácticas. As prácticas que conleven facer presentacións na aula só serán avaliadas se o alumno ou alumna as presenta e defende na aula, a menos que exista unha xustificación da súa ausencia na aula nese día co cal se computaría a práctica entregada igualmente por a plataforma. - O prazo para mudar de avaliación continua a Global será do 21 de xaneiro ó 21 de febrero(ámbolos dous días incluidos), comunicándoo á profesora neste prazo. - Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación. - Contémplase a realización de tresexames parciais da materia, o que se anunciaría nas clases e a través daplataforma de teledocencia. No caso de seguir o sistema de avaliación continuae non superar os dous primeiros parciais, os estudantes van con toda a materiaó exame final. Os exames parciais constan de dúaspartes teoría e práctica, e deben aprobarse as dúas partes para eliminar amateria correspondente cunha nota mímima de 5 puntos. - As notas das actividades deavaliación continua gárdanse ata a 2ª convocatoria oficial de xullo. - En todos os exames seráobrigatorio identificarse de forma oficial (DNI, pasaporte) e esta prohibido ouso de dispositivos móbiles, smartphone ou calquera outro dispositivo electrónico,mesmo cando estean apagado ou en repouso. Incumprir estas dúas condiciónsinvalida a convocatoria para o cal este concorrendo. - No caso de que un alumno sexa collido copiando nun exame parcial será motivo de pérdida da avaliación continua e a nota do exame será 0. - Datas e horarios de probas deavaliación de diferentes chamadas especifícanse no programa de probas deavaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2024-2025. No caso deconflicto ou disparidade entre as datas das probas prevaleceran as sinaladas naweb da FCETOU. AVALIACIÓN NON CONTINUA: Exame final que incluirá contidos teóricos e /ouprácticos mediante preguntas que poden ser tipo test, curtas, dedesenvolvemento ou estudios de casos. Consta duha parte teórica querepresenta o 50% da nota e unha parte práctica que é o outro 50% da nota, edeben superarse as dúas partes. Esta proba é destinada a avaliar a comprensióndos conceptos adquiridos na materia, asumindo o 100% da nota e avaliar asítanto os conceptos de materia, como a claridade da exposición e o usogramatical e ortográfico correcto. - No caso de que un alumno sexa collido copiando no exame final será motivo de suspender esa convocatoria e a nota global do exame será 0. Respecto ás probas de avaliación das diferentes convocatorias: as datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. Para Avaliación continua e noncontinua: - As características concretasdo exame final, tanto na avaliación continua como na non continua, serándetalladas por parte da coordinadora da materia (na clase e a través daplataforma de teledocencia), con anticipación ó mesmo. - Os estudantes para aprobara materia deben obter unha nota igual ou superior a 5 puntos, sendo obrigatorio en tódolos casos superar o exame final ou os tres parciais. Respecto ás probas de avaliación das diferentes convocatorias: as datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. |