Guia docente 2025_26
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O alumnado responderá a preguntas directas tipo test sobre aspectos concretos vistos no ámbito da materia, nas que a resposta é breve.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia
40 A3
B2
C4
C5
D1
D2
D4
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado, valorando aprendizaxes e accións (orde, precisión, destreza, eficacia, participación activa) a través do traballo autónomo en todos os escenarios docentes.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Interpretación do medio próximo a partir do coñecemento do pasado e participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 A3
A4
A5
B2
B3
C5
D1
D4
D5
D8
D15
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumnado deberá presentar un informe do itinerario, procedimentos e temas desenvolvidos na visita de estudos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Interpretación do medio próximo a partir do coñecemento do pasado e elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
20 A4
A5
B3
C5
C18
D2
D4
D5
D6
D8
D9
D13
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverá os problemas e cuestións plantexadas nos estudos de caso, aplicando os coñecementos para o análise das situacións.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia; Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
30 B3
C5
C18
D4
D5
D6
D8
D9
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación da materia contempla dúas
modalidades, entre as que o alumnado poderá escoller: avaliación continua e
avaliación global, segundo o establecido no artigo 19.2 do Regulamento sobre a
avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
da Universidade de Vigo (Aprobado no claustro do 18/04/2023, modificado no
claustro de 22/12/2023. Versión consolidada) —en adiante, Regulamento sobre a
avaliación—.

A elección da avaliación global correspóndelle ao estudantado,
que deberá comunicala no prazo e forma establecidos polo centro. Esta elección
supón a renuncia á avaliación continua, tanto ás probas xa realizadas como ás
pendentes (art. 19.4 do Regulamento sobre a avaliación).

A AVALIACIÓN
CONTINUA consiste na realización de probas e actividades distribuídas ao longo
do cuadrimestre. Operativamente, divídese en dúas partes: unha parte teórica e
outra práctica. A parte teórica será avaliada mediante dúas probas parciais
realizadas ao longo do curso, que suporán o 40% da cualificación final. A parte
práctica incluirá as metodoloxías de resolución de problemas e/ou exercicios,
así como o exame práctico, e representará o 50% da nota. O 10 % restante
corresponderá á observación sistemática, que se avaliará mediante pequenas
actividades periódicas ao longo da docencia, co obxectivo de garantir o
seguimento continuado da materia por parte do alumnado. Nesta sección
inclúense tamén a participación e organización de eventos científicos.

Para superar a materia mediante avaliación continua, será
necesario acadar polo menos o 50% da cualificación máxima en cada unha das partes,
así como realizar e entregar, en tempo e forma, un mínimo do 80% das
actividades incluídas na parte práctica. Ademáis, o alumnado deberá participar
nas probas que o profesorado considere imprescindibles. No caso de non
cumprirse algún destes requisitos, aplicarase o disposto no artigo 32.2 do
Regulamento sobre a avaliación, segundo o cal a cualificación final deberá reflectir
o máis fielmente posible o rendemento real da/o estudante, sen que sexa posible
obter o aprobado.

Tal como recolle o artigo 40.4 do Regulamento sobre a
avaliación, o profesorado poderá esixir que os traballos e materiais entregados
inclúan unha declaración explícita da súa orixinalidade, acreditando que non se
empregaron fontes non citadas adecuadamente. Calquera uso indebido dos
materiais ou vulneración dos principios de integridade académica será
cualificado cun cero, tanto nos casos en que se copien de forma substancial
obras alleas e se presenten como propias, como naqueles traballos que, aínda
citando as fontes, consistan nunha simple sucesión de fragmentos alleos sen
achega crítica nin elaboración persoal. Así mesmo, o uso de ferramentas de intelixencia
artificial deberá ser responsable, transparente e acorde cos obxectivos
formativos da materia; a súa utilización deberá declararse expresamente e nunca
poderá substituír o traballo autónomo e reflexivo do alumnado.

Co obxectivo de atender á diversidade do alumnado e
facilitar a aprendizaxe en diferentes contextos, particularmente ao alumnado
que teña recoñecida a modalidade semipresencial, a materia poderá seguirse
tamén a través da plataforma de teledocencia MooVi, onde se porán a disposición
recursos e materiais didácticos suficientes para a adquisición das competencias
e a superación da materia. Estes
materiais non teñen por que reproducir de maneira literal o contido das sesións
presenciais. Os materiais docentes facilitados a través da plataforma MooVi
teñen como finalidade apoiar o proceso de aprendizaxe do alumnado e deberán
empregarse exclusivamente con ese obxectivo. A súa utilización debe respectar
os dereitos de autor/a e as condicións de uso establecidas polo profesorado.
Non está permitida a súa reprodución, distribución nin comunicación pública,
total ou parcial, fóra do ámbito estritamente académico.

A través da mesma
plataforma especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de
avaliación e o calendario correspondente, tanto para as entregas presenciais
como para as remotas. O seguimento individualizado da actividade do alumnado
levarase a cabo utilizando as ferramentas dispoñibles en MooVi, como os
rexistros de participación, as estatísticas de acceso e a realización de probas
ou exercicios en liña. En canto ás actividades de carácter transversal, tales
como eventos científicos organizados pola Área, o Departamento ou a Facultade,
no caso do alumnado que curse a materia en modalidade semipresencial, aquelas
que requiran asistencia presencial poderán ser substituídas por outras que
permitan manter a mesma porcentaxe na cualificación final.

A AVALIACIÓN
GLOBAL consistirá nunha proba teórica, que suporá o 40% da cualificación final e abarcará todos os contidos teóricos
impartidos durante o curso, e unha proba práctica, cun valor do 60%, centrada
nos aspectos traballados nas actividades prácticas. Para superar a materia será
necesario acadar, como mínimo, o 50% da cualificación máxima en cada unha destas dúas probas.

Segundo o
establecido no artigo 21.2 do Regulamento sobre a avaliación, estas probas
realizaranse exclusivamente nas datas oficiais fixadas para cada oportunidade
de avaliación, dentro do período de exames marcado no calendario académico.
Este calendario, que recollerá as datas, horas e lugares de realización das
probas, será aprobado pola Xunta de Centro e publicado antes do inicio do
período de matrícula, conforme ao artigo 25.1 do devandito regulamento.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000