Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía de Galicia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O alumnado responderá a preguntas directas sobre aspectos concretos vistos no ámbito da materia, nas que a resposta é breve.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da contorna próxima, local e rexional, e da súa Historia
40 A3
B1
C4
C5
D1
D2
D4
Traballo O alumnado elaborará un traballo ou informe tutelado pola docente que pode estar relacionado cos contidos ou coas actividades de campo.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas
40 B1
B3
C5
C18
D2
D4
D5
D6
D8
D9
D13
D15
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado, valorando aprendizaxes e accións (orde, precisión, destreza, eficacia, participación activa) a través do traballo autónomo en todos os escenarios docentes.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Interpretación do medio próximo a partir do coñecemento do pasado e participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto.
10 A3
A4
A5
B1
B3
C5
D1
D4
D5
D8
D15
Presentación O alumnado fará unha exposición do traballo ou informe tutelado pola docente que pode estar relacionado cos contidos ou coas actividades de campo.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Elaboración e presentación, oral e escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas
10 B1
B3
C5
C18
D2
D4
D5
D6
D8
D9
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar
una calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. En caso de
non acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota
posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023).

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas comopropias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a
modalidade de “avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable
da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre
(artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, do 2023). O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global
será avaliado do programa da materia mediante una proba teórica (40%) e un
traballo obrigatorio a consensuar co profesorado (60%)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000