Guia docente 2023_24
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Xeografía: Fundamentos de xeografía física
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as actividades docentes manteranse mediante a utilización combinada de MooVi e Campus Remoto
* Metodoloxías docentes que se modifican
As saídas de campo que non poidan realizarse substituiranse por visitas virtuais utilizando os recursos online que ofrecen organismos públicos, empresas, institucións culturais, etc. Os eventos científicos que aínda non se celebraron, substituiranse por conferencias ou eventos dispoñibles en vídeo.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención personalizada realizarase mediante a utilización combinada de MooVi e do Campus Remoto
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non se modificarán os contidos
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
O alumnado ten á súa disposición todo o material elaborado pola profesora e utilizado nas aulas. Ampliarase no posible as referencias a recursos electrónicos e dixitalizados.
* Outras modificacións
Non se realizarán outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Consérvanse as probas e porcentaxes de avaliación da materia

* Información adicional
Os exames realizaranse a través das ferramentas de MooVi ou das aulas do Campus Remoto. Cando sexa necesario utilizar materiais específicos para realizar as probas, estes poderán descargarse a través dunha tarefa en MooVi. A entrega dos exames ou traballos, sempre que sexa posible, poderá realizarase tamen en MooVi. De existiren problemas técnicos insalvables, poderase utilizar como vía alternativa o correo electrónico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000