CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS RELACIONADAS COA NECESIDADE DE MODALIDADES QUE INCLÚAN A DOCENCIA EN LÍNEA (DECRETADAS POLAS AUTORIDADES ACADÉMICAS):
1. MODALIDADE MIXTA:
1.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
Manterase a organización da modalidade presencial, mediante a utilización do Campus Remoto para a impartición de clases maxistrais, seminarios e prácticas.
1.2. AVALIACIÓN:
O sistema de avaliación será similar ao da modalidade presencial. O exame e a presentación dos traballos prácticos realizaranse presencialmente salvo indicación en contrario das autoridades académicas.
1.3. TITORÍAS: As titorías realizaranse presencialmente, previa cita por correo electrónico.
2. MODALIDADE NON PRESENCIAL:
2.1. ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
Manterase a organización da modalidade presencial, mediante a utilización do Campus Remoto para a impartición de clases maxistrais, seminarios e prácticas.
2.2. AVALIACIÓN:
O sistema de avaliación será similar ao da modalidade presencial. As diferentes probas de avaliación realizaranse a través da plataforma de teledocencia e do Campus Remoto
23. TITORÍAS: As titorías realizaranse na oficina virtual do profesor, previa cita por correo electrónico. |