Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Ecoloxía
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. O medio físico e escalas de variabilidade Interacción de procesos físico-biolóxicos en ecosistemas terrestres e acuáticos. Entrada de enerxía no ecosistema. Clima e chans. Patróns xerais de circulación oceánica.
Tema 2. Concepto de poboación e descriptores Concepto de poboación. Parámetros poboacionais: rango xeográfico, abundancia, densidade, distribución espacial, dispersión. Cuantificación de parámetros poboacionais. Estratexias de vida: trazos principais. Principio da repartición.
Tema 3. Dinámica de poboacións Modelos de crecemento exponencial. Factores que limitan o crecemento poboacional. Modelo de crecemento loxístico. Crecemento poboacional en función da estrutura de idades. Curvas de supervivencia e táboas de vida.
Tema 4. Competencia interespecífica Concepto, evidencias experimentais e tipos de competencia interespecífica. Concepto de nicho ecolóxico e principio de exclusión competitiva. Coexistencia e heteroxeneidade ambiental. Modelo de competencia de Lotka Volterra e modelo de Tilman.
Tema 5. Interaccións tróficas Tipos e características xerais das interaccións tróficas: depredación, herbivoría, mutualismo, parasitismo, parasitoidismo, e comensalismo.
Tema 6. Depredación Definición e tipo de depredadores. Factores que determinan as preferencias de dieta. Consideracións enerxéticas: teoría do aprovisionamento óptimo, dieta óptima e teorema do valor marxinal. Tipos de respostas funcionais e evidencias experimentais. Respostas numéricas e de desenvolvemento. Modelo de depredación de Lotka e Volterra. Modificacións do modelo de Lotka e Volterra: atraso temporal, autolimitación e refuxios parciais.
Tema 7. Diversidade Concepto e cuantificación da diversidade. Distribución especies-abundancia. Factores que controlan a diversidade: recursos, diversidade de hábitats, e nivel de perturbación. Patróns espaciais de diversidade. Zonación.
Tema 8. Estrutura trófica Concepto de estrutura trófica. Efectos directos e indirectos: fervenzas tróficas. Control "bottom-up"; e "top-down". Concepto de estabilidade. Relación entre diversidade e estabilidade.
Tema 9. Sucesión Concepto e tipos de observacións. Exemplos de sucesión en ecosistemas terrestres e acuáticos. Mecanismos de sucesión: facilitación, tolerancia e inhibición. Sucesión, diversidade e perturbación. Sucesión e fluxo de enerxía.
Tema 10. Entrada de enerxía no ecosistema: produción primaria Ecoloxía e leis da termodinámica. Produción primaria bruta e neta: concepto, métodos de determinación e magnitude. Factores que controlan a produción primaria. Variabilidade temporal e espacial da produción primaria. Relacións estequiométricas da materia orgánica.
Tema 11. Transferencia de enerxía no ecosistema: Produción secundaria
Produción secundaria: ruta herbívora e ruta detritívora. Balance enerxético da produción secundaria: eficiencias. Factores de control da produción secundaria. Descomposición e remineralización da materia orgánica en ecosistemas terrestres e acuáticos. Pirámides tróficas e eficiencias de transferencia. Fluxo de enerxía en ecosistemas terrestres e acuáticos.
Tema 12. Ciclos de materia no ecosistema Compartimentos, balance de masas e tempo de residencia. Ciclo global do carbono. Ciclo global do nitróxeno.
Tema 13. Cambios nos ecosistemas no Antropoceno Límites do planeta e principais problemas ambientais. Perdas de diversidade. Alteracións no ciclo do nitróxeno. Alteracións no ciclo do carbono: calentamento e acidificación. O papel do océano na regulación do clima. Mecanismos de retroalimentación no sistema terra.
Tema 14. Ecoloxía urbana Expansión global do medio urbano. Patróns de urbanización: dispersión, o gradiente urbano-rural. Metabolismo urbano. Biodiversidade das cidades. Indicadores de sustentabilidade urbana.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000