Guia docente 2024_25
Centro de Posgrao e Formación Permanente
Máster Universitario en Biofabricación
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Identificar, clasificar e diferenciar as propiedades de biomateriales e nanomateriales, as ferramentas básicas do deseño 3D e procesos de fabricación aditiva de interese na biofabricación.
  A2 Saber aplicar en biofabricación os coñecementos sobre biomateriais, nanomateriais, deseño 3D e procesos de fabricación aditiva.
  A3 Coñecer as principais clases de biomateriais poliméricos, así como o seu procesado e caracterización.
  A4 Familiarizarse coas clases de materiais poliméricos e híbridos empregados en biofabricación e as súas propiedades e especificacións fundamentais.
  A5 Identificar os diferentes tipos celulares utilizados na biofabricación, a súa estrutura e funcionamento.
  A6 Aplicar coñecementos relacionados coa estrutura, función, comunicación e viabilidade celular nos procesos de biofabricación.
  A7 Recoñecer os diferentes tipos de tecidos humanos.
  A8 Describir os compoñentes e métodos de biofabricación que permiten xerar un tecido artificial en laboratorio, así como as súas principais aplicacións e retos de futuro.
  A9 Identificar, diferenciar e comparar diferentes estratexias baseadas en terapia celular, terapias avanzadas e biomateriais con elevado potencial rexenerativo enfocadas a diferentes patoloxías humanas
  A10 Saber aplicar os conceptos, as normas e os principios éticos básicos da investigación en ciencias da saúde.
  A11 Identificar e discriminar os distintos tipos de datos habituais en Ciencias da Saúde e elixir o tipo de análise estatística máis apropiado para unha investigación concreta. Saber aplicar correctamente o software estatístico dispoñible para a análise de datos, en particular, R e RCommander.
  A12 Identificar e diferenciar os diferentes sistemas de información no ámbito da información biomédica e saber aplicar as principais ferramentas computacionais para a análise de datos clínicos e ómicos
  A13 Identificar aqueles descubrimentos científicos susceptibles de ser transferidos á empresa.
  A14 Saber aplicar no seo dunha organización científica os coñecementos sobre compoñentes de negocio e a transferencia de coñecementos ao mundo empresarial.
  A15 Identificar biomateriais que presentan propiedades avanzadas e intelixentes, así como o seu procesado e caracterización.
  A16 Identificar técnicas avanzadas de deseño e reconstrución 3D.
  A17 Aplicar nos procesos de biofabricación os coñecementos de biomateriais con propiedades avanzadas e intelixentes
  A18 Aplicar en procesos de biofabricación os coñecementos de técnicas avanzadas de deseño e reconstrución 3D
  A19 Coñecer as principais tecnoloxías de fabricación de estadas 2D, 3D e órganos mediante biofabricación.
  A20 Familiarizarse coas técnicas actuais e emerxentes de preparación e caracterización de scaffolds 2D e 3D
  A21 Desenvolver protocolos para avaliar in vitro a biocompatibilidade, toxicidade e posibles efectos inmunolóxicos de biomateriais.
  A22 Aplicar protocolos para o crecemento de células nos sistemas 3D e determinar mudanzas producidos polo uso de biomateriais.
  A23 Describir a tecnoloxía Organ on a Chip (OOC) e as súas aplicacións na biomedicina.
  A24 Identificar, clasificar e diferenciar os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica con animais para fins científicos.
  A25 Aplicar os principios, normas e modelos da experimentación pre-cínica con animáis no ámbito da biofabricación.
  A26 Identificar e interpretar os principios conceptuais do desenvolvemento e a regulación de Medicamentos de Terapias Avanzadas en España e na UE.
  A27 Analizar e comparar a aplicación das terapias avanzadas na práctica clínica actual, así como valorar as limitacións e os retos que presentan.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Clasificación, propiedades e aplicacións de biomateriais e procesos básicos na biofabricación
  B2 Fundamentos e técnicas da bioloxía celular de interese na biofabricación
  B3 Fundamentos das ciencias da vida aplicadas á enxeñería de tecidos
  B4 Fundamentos da medicina rexenerativa. Lexislación e Bioética
  B5 Bases da bioestaTística e bioinformática
  B6 Bases do emprendemento e a súa aplicación no ámbito biomédico
  B7 Deseño e aplicación de procesos en biofabricación avanzada
  B8 Deseño e aplicación de ensaios pre-clínicos con células e tecidos de interese na biofabricación
  B9 Deseño e aplicación de ensaios pre-clínicos en modelo animal de interese na biofabricación
  B10 Deseño e aplicación dos modelos clínicos para terapias avanzadas
Sinale C Código Habilidades
  C1 Adquirir coñecementos avanzados no campo da biofabricación e demostrar unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos-prácticos e da metodoloxía de traballo que a sustentan.
  C2 Saber aplicar e integrar coñecementos en biofabricación na a resolución de problemas en contornas novas e de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
  C3 Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa a utilizar no campo da biofabricación para formular xuízos incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
  C4 Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo no campo da biofabricación.
  C5 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada no campo da biofabricación.
  C6 Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas no campo da biofabricación, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
  C7 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización no campo da biofabricación.
Sinale D Código Competencias
  D1 CG1: Dominar técnicas de recuperación de información, análise crítica da información e ser capaz de identificar teorías científicas e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación crítica en procesos de biofabricación.
  D2 CG2: Saber aplicar os coñecementos á resolución de problemas e planificación-xestión de proxectos multidisciplinares na investigación e a innovación relacionada con biofabricación.
  D3 CG3: Ter capacidade para comprender as responsabilidades sociais e éticas que se derivan da investigación, o desenvolvemento e a innovación na área da biofabricación.
  D4 CG4: Ter capacidade de liderado, creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e dispoñer de habilidades para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e cun alto compoñente de transferencia do coñecemento.
  D5 CG5: Coñecer, comprender e capacitar para aplicar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento da lexislación relativa en biofabricación que permitan utilizar con seguridade os procesos de biofabricación.
  D6 CG6: Ter capacidade de comunicación oral e escrita e interacción científica con profesionais doutras áreas de coñecemento.
  D7 CG7: Capacitar para a organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
  D8 CT1: Saber expor un proxecto de investigación de forma autónoma en contornas multidisciplinares e ter capacidade para a xestión da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en biofabricación.
  D9 CT2: Usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) como ferramenta para a transmisión de coñecementos, resultados e conclusións en ámbitos especializados de modo claro e rigoroso.
  D10 CT3: Ter iniciativa para a formación continuada e a abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
  D11 CT4: Capacitar para a comprensión do significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D12 CT5: Practicar a sustentabilidade e o compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos
  D13 CE1: Coñecer os biomateriais poliméricos, cerámicos, vítreos, metálicos e híbridos, incluíndo nanomateriais, o seu procesado e caracterización, así como a obtención das capacidades para a súa manexo na biofabricación.
  D14 CE2: Coñecer as ferramentas básicas do deseño 3D e procesos de fabricación aditiva, así como a obtención das capacidades para a súa aplicación na biofabricación.
  D15 CE3: Coñecer os biomateriais con propiedades avanzadas e intelixentes, así como a obtención de capacidades para a súa manexo na biofabricación.
  D16 CE4: Coñecer as técnicas avanzadas de deseño 3D, así como a obtención de capacidades para a súa aplicación na biofabricación.
  D17 CE5: Conocer las principales tecnologías de fabricación y caracterización de estadas 2D, 3D y órganos, así como la obtención de capacidades para su aplicación en la biofabricación avanzada.
  D18 CE6: Coñecer os tipos celulares utilizados en procesos de biofabricación, comprender as súas características específicas e os posibles efectos da interacción entre células e biomateriais.
  D19 CE7: Desenvolver técnicas e protocolos básicos de cultivos celulares.
  D20 CE8: Coñecer as características e organización dos distintos tipos de tecidos humanos, así como adquirir ferramentas para a elaboración de protocolos de construción de tecidos artificiais e terapias avanzadas en terapia humana, coñecendo os desafíos que conlevan.
  D21 CE9: Coñecer os principais modelos animais utilizados en enxeñería de tecidos.
  D22 CE10: Desenvolver os protocolos máis adecuados para a avaliación preclínica das propiedades e o comportamento dos biomateriais segundo o contexto e aplicación.
  D23 CE11: Coñecer os principios, normas e modelos da experimentación pre-clínica animal, así como a obtención das capacidades para a análise, manexo e deseño de procedementos e proxectos para fins científicos.
  D24 CE12: Adquirir unha visión xeral dos diferentes tipos de terapias avanzadas baseadas en células, orgánulos celulares ou xénica de diferentes orixes e as súas aplicacións.
  D25 CE13: Adquirir un sentido ético da investigación en ciencias da saúde.
  D26 CE14: Coñecer os fundamentos e procedementos para o desenvolvemento e aplicación dun sistema de terapia avanzada aplicable aos trastornos da rexeneración de tecidos na práctica clínica.
  D27 CE15: Adquirir a capacidade para elixir e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á investigación ou o deseño experimental exposto.
  D28 CE16: Avaliar e ensaiar as aplicabilidades dos diferentes modelos matemáticos, estatísticos ou de intelixencia artificial en bioinformática para analizar e integrar datos nunha contorna clínica.
  D29 CE17: Coñecer as bases do funcionamento empresarial, así como a obtención de capacidades para a análise, manexo, deseño e avaliación dos resultados científicos e a transferencia tecnolóxica.
  D30 CE18: Reforzar a formación recibida polo estudantado mediante o desenvolvemento formativo titorizado pola universidade en institucións e empresas, para poñer en práctica as competencias e habilidades adquiridas, ou mellorar no seu caso a capacidade investigadora.
  D31 CE19: Dominar os coñecementos, competencias e habilidades que alcanzou o estudantado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000