Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría en saúde mental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Os estudos de caso veranse de dúas formas, cun 10% cada unha:
- Participación activa na clase.
- Traballos para facer na casa.
20 C10
C12
C24
C31
C32
C51
Exame de preguntas obxectivas Consta de 2 probas tipo test, cada unha con aproximadamente 40 preguntas.

Puntuación máxima de cada unha o 20%.
40 C10
C12
C24
C31
C32
C51
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen final tipo oral. Non obrigatorio. Consta de dúas partes, cada unha con unha pregunta de desenvolvemento puro e logo varias preguntas cortas e casos clínicos. 40 C10
C12
C24
C31
C32
C51
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Terá un peso do 60% do total da nota. Isto será a suma de 2 exames de preguntas tipo test, dos cales cada un puntuará o 20% do total, ao que se lle suma un 10% de participación en clase e o traballo feito en clase. Por último, o outro 10% será o resultado do traballo entregado polo alumno que deberá facer en casa.

Os exames tipo test (estudio de casos) estarán formados por 40 preguntas tipo test, con 4 posibles respostas das cales só unha é correcta. Restarase 0.33 puntos por cada resposta incorrecta. Terán preguntas mesteiradas de casos clínicos e puramente teóricas, cunha proporción variable, segundo o contido de cada parte.

Polo tanto, coa suma dos exames tipo test, a participación e o traballo do alumnado, tanto dentro do horario académico, como fóra deste, podería chegar ata un 6 e non ter que presentarse a un exame final.

Considerarase que o alumno terá aprobado a avaliación continua cando a suma total desta supere os 4 puntos (o 66,67%).

No caso de que o alumno aprobe a materia e queira optar polo 100% da nota terá que presentarse a un exame final oral que lle puntuará o 40% restante. Este exame estará formado por 2 partes que poderán estar formadas por un conxunto de preguntas de desenvolvemento teórico, resolución de casos clínicos e/ou preguntas curtas.

De forma opcional, neste exame poderase liberar unha parte da materia, no caso de ter aprobado algunha dos exames tipo test cun 7,5 ou máis (o 15% do total da asignatura). Nese caso, as preguntas girarán en torno á outra parte da materia non liberada. Se o alumno tiver un 7,5 ou máis en ambos test e quixese presentarse igualmente ao exame final, o alumno poderá elixir a parte do temario da que quere ser avaliado.

No caso de que o alumno suspendese a avaliación continua podería ter unha segunda oportunidade presentándose ao exame final oral. Este contaría un 80%, con todo o contido da asignatura, ao que se lle sumará o porcentaxe dedicado aos traballos e á participación.

Exames orais: constarán de dúas partes, sendo cada unha o 40% do total da nota. Cada unha delas estará formada por unha pregunta de desenvolvemento teórico que constará da metade dese 40%, e o resto será unha sucesión de preguntas tipo "preguntas curtas" e casos clínicos similares aos feitos en clase. Por último, o 20% restante, avaliarase a propia presentación, as habilidades do estudante de expresar os seus coñecementos con claridade, fluidez, así como o raciocinio e o seu pensamento crítico.

Para favorecer a obxectividade e a posibilidade de futuras revisións do exame, tomaranse as medidas oportunas para iso, como o uso de cámaras durante o propio exame para grabalo.

Avaliación global: 

Exame oral único na data marcada, igualmente formado por 2 partes, nas que se mesturarán preguntas de desenvolvemento, preguntas curtas e resolución de casos clínicos. Puntuará sobre o 10, sendo necesario ter un 50% deste para considerar aprobada a asignatura. Calquera alumno poderá presentarse ao exame final desta modalidade de avaliación global, despois de ter renunciado formalmente á avaliación continua.

Exame de oportunidade

No caso de ter que presentarse a este exame, o estudante optará polo 100% da nota final. 

EXAME ORAL

O exame estará formado por dúas partes, cada unha delas con unha única
pregunta de desenvolvemento e un número indeterminado de preguntas
curtas e casos clínicos.

Pregunta de desenvolvemento: cada unha puntuará un total do 20% da nota
final do exame. O tempo máximo será de 2 minutos, sendo o óptimo 1
minuto e medio.
Comprensión do tema: avaliarase a capacidade do estudante para expoñer,
comprender e analizar os conceptos clave relacionados co tema a expoñer.
Nota máxima do 10% do total.
Profundidade do coñecemento: avaliación da amplitude do coñecemento
demostrado. Nota máxima do 5% do total.
Organización e estrutura: avalía a forma de expoñer o tema, buscando un
desenvolvemento lóxico e estruturado. Nota máxima do 5% do total.
Preguntas curtas e casos clínicos: estará formado por un número
indeterminado de preguntas e casos clínicos para averiguar o uso
práctico e racional dos coñecementos, así como a súa aplicación. A nota
máxima será do 20% en cada unha das partes.

Preguntas cortas e casos clínicos. Nas preguntas curtas avaliarase unicamente se se responden os conceptos
clave preguntados. A nota máxima será do 10% do total.
Nos casos clínicos avaliarase a precisión, a claridade e o raciocinio
para xustificar, de forma crítica, as respostas argumentadas para
resolver o tema. A nota máxima será do 10% do total.

Presentación Oral: representa o 20% do total da nota.
Neste apartado avaliarase a forma na que o alumno expón o exame na súa
totalidade. Terase en conta a capacidade para xestionar o tempo
asignado, a claridade e fluidez coa que desenvolve o tema.
Os criterios poderían ser modificados lixeiramente no caso de que o
propio exame, o alumno, as preguntas expostas ou outras situacións así o
requiran, sempre pensando en favorecer ao alumno.
Pódese restar puntos á nota final pola falta de puntualidade do alumno,
respostas divagatorias ou uso de linguaxe inapropiada ou pouco
científica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000