Guia docente 2023_24
Escuela Universitaria de Profesorado de E.G.B.
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo escrito presentado seguindo o modelo de traballo solicitado así como as orientacións publicadas na Web.
Seguimento da realización.
Nos comentarios especifícase a porcentaxe de cualificación segundo o tipo de tribunal elixido para presentar a defensa
70 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C61
C62
C63
C64
C65
C66
C67
C68
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D20
D21
D22
D23
Presentación Avaliación da presentación escrita e defensa oral ante un tribunal. Nos comentarios especifícase a porcentaxe de cualificación segundo o tipo de tribunal elixido para presentar a defensa. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C61
C62
C63
C64
C65
C66
C67
C68
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No momento de facer a solicitude de defensa na Intranet o estudantado co visto e prace da persoa titora (se existise desacordo entre ambos, prevalecerá a decisión da persoa titora) deberá optar por:
1.- Avaliación do traballo por un tribunal unipersoal (persoa titora):
A persoa titora do TFG será a encargada da avaliación e cualificación. O estudante deberá defender en acto público o seu TFG perante o/a titor/a. A cualificación final estará integrada por:
a) Valoración do traballo: 70%. Avaliaranse o progreso académico do/a estudante, os contidos, o proceso de elaboración, a consecución dos obxectivos e a presentación e calidade do traballo escrito.
b) Exposición e defensa do TFG: 30%. Avaliaranse a selección, o equilibrio e a organización do contido na presentación oral, a competencia comunicativa oral, o emprego axeitado do vocabulario, así como dos recursos informáticos e as respostas ás cuestións formuladas polo tribunal.

2.- Avaliación do traballo por tribunal colexiado:

A cualificación do tribunal estará integrada pola suma de:

a) Valoración do traballo por parte do/a titor/a: 30%. Avaliaranse o progreso académico do/a estudante, os contidos, o proceso de elaboración, a consecución dos obxectivos e o traballo escrito.
b) Valoración do traballo escrito e da exposición e defensa do contido do TFG por parte do Tribunal: 70%. O tribunal estará composto por tres profesores/as do Centro. A valoración do tribunal será a media aritmética das notas atribuídas por cada un dos seus membros. Os criterios de avaliación son os seguintes: traballo escrito (70%) e exposición e defensa oral (30%).

A defensa do TFG realizarase, previa convocatoria pública, de forma pública e presencial ante o tribunal unipersoal ou o tribunal colexiado, e consistirá nunha exposición (10 minutos) e unha quenda de preguntas e respostas (10 minutos).  O TFG debe ser un traballo persoal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe.

O alumnado que non supere o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderá presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo.  No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o tribunal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao alumnado e á persoa titora para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.

Os TFG que obteñan unha cualificación final comprendida entre 9 e 10 serán avaliados por unha Comisión de avaliación para optar a que se lles outorgue a cualificación de Matrícula de Honra.

As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Escola Universitaria CEU de Maxisterio: http://www.escuelamagisterioceuvigo.es/estudios/trabajo-fin-grado-magisterio-vigo.php

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000