O sistema de
avaliación pretende que o alumnado participe no seu proceso de aprendizaxe. En
liñas xerais, buscarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se teñan en conta tanto
os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e
responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final.
A
cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma
das diferentes notas obtidas das actividades desenvolvidas, segundo as
porcentaxes asignadas, segundo o estipulado no cadro anterior. Para aprobar a
materia hai que superar cun mínimo de 5 sobre 10 tanto a parte práctica como o
exame. Mentres non se supere o exame, non se sumarán as cualificacións dos
traballos supervisados e dos traballos de clase. Aqueles alumnos que non
superen a materia na primeira convocatoria conservarán a nota daqueles
traballos/actividades superados e deberán presentarse de novo ao exame e aos
traballos/actividades non superados na segunda convocatoria.
AVALIACIÓN
GLOBAL: Aqueles alumnos que non asistan a clase ou se ausenten a máis do 20% do
total das clases impartidas (6 días, 12 horas) deberán acollerse ao sistema de
avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e
21. do Regulamento de Avaliación, Cualificación e Calidade da Ensinanza e do
Proceso Docente do Alumnado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de
2023.
Calquera
traballo copiado, plaxiado ou realizado pola IA será calificado con 0.
As datas
oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da escola na sección de exames.
Este documento é unha declaración de
intencións sobre o traballo do alumnado na materia; Polo tanto, pode sufrir
leves modificacións derivadas do consenso co grupo clase ou por circunstancias
imprevistas. (Concretamente o tipo de exame pode cambiar por circunstancias
especiais da aula).