Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios: Participación na preparación, realización e revisión dos exercicios de aplicación/profundización, de resolución de problemas ou de análises e comentarios (10%)

Probas prácticas , de execución de tarefas reais e/ou simuladas: Avaliación das competencias adquiridas na aplicación práctica dos coñecementos teóricos (30%)
40
Traballo tutelado Elaboración dun ensaio e/ou exposición en que se dea conta dalgún aspecto concreto da materia, nos que se ofreza a valoración sobre algunha cuestión; descritor dun libro; análise dun texto desde o punto de vista das desviacións da lingua, nos que se terán en conta a estrutura, presentación, construción e corrección lingüística, emprego axeitado de signos de puntuación.
Cada erro de ortografía, morfosintaxe ou de procedementos suporá a perda de 0,25 puntos.
20 C46
C48
C50
D1
D2
D3
D7
D11
D12
D13
D14
D15
D18
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame que será realizado na data oficial publicada na Secretaría do Centro.
Cualificación mínima para superar a proba e facer a media co resto das actividades avaliables: 2 puntos
40 C46
C48
D1
D2
D3
D7
D13
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase.  Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados, pero terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria. 

AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Todo traballo copiado, plaxiado ou realizado pola IA será cualificado cun 0. Descontarase 0,25 puntos por cada erro ortográfico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000