Guia docente 2026_27
Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios: Participación na preparación, realización e revisión dos exercicios de aplicación/profundización, de resolución de problemas ou de análises e comentarios (10%)

Probas prácticas , de execución de tarefas reais e/ou simuladas: Avaliación das competencias adquiridas na aplicación práctica dos coñecementos teóricos (30%)
40 D1
D2
D3
D7
D9
D11
D12
D13
D14
D15
D17
D18
Traballo tutelado Elaboración dun ensaio e/ou exposición en que se dea conta dalgún aspecto concreto da materia, nos que se ofreza a valoración sobre algunha cuestión; descritor dun libro; análise dun texto desde o punto de vista das desviacións da lingua, nos que se terán en conta a estrutura, presentación, construción e corrección lingüística, emprego axeitado de signos de puntuación.
Cada erro de ortografía, morfosintaxe ou de procedementos suporá a perda de 0,25 puntos.
20 C46
C48
C50
D1
D2
D3
D7
D11
D12
D13
D14
D15
D18
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame que será realizado na data oficial publicada na Secretaría do Centro.
Cualificación mínima para superar a proba e facer a media co resto das actividades avaliables: 2 puntos
40 C46
C48
D1
D2
D3
D7
D13
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN

O sistema de avaliación pretende facer o alumnado partícipe do seuproceso de aprendizaxe, tendo en conta tanto os coñecementos previos como aparticipación activa e responsable no proceso e no seu resultado. 


AVALIACIÓN CONTINUA 

A avaliación será preferentemente continua. A cualificación final resultará da suma das puntuacións obtidas nas distintas actividades, segundo as porcentaxes recollidas no cadro anterior, ningunha das cales supera o 40% na primeira oportunidade. As actividades de avaliación continua son: as prácticas realizadas e entregadas na aula, os traballos tutelados e o exame. Ao longo do cuadrimestre realizaranse probas liberatorias de verbos e ortografía. A súa superación elimina a materia correspondente do exame final. Estas probas forman parte da avaliación continua e o seu efecto liberatorio aplícase unicamente dentro desta modalidade. A realización e entrega das prácticas de aula constitúe a evidencia da participación continua na materia. Estar na avaliación continua require realizar as súas actividades; o alumnado que non as realice será avaliado pola modalidade global nos termos que se indican máis abaixo. Para superar a materia será necesario superar os traballos e acadar unha cualificación mínima de 5 no exame. Mentres non se supere o exame non se computarán as notas dos traballos tutelados nin das prácticas de aula; nese caso, a cualificación final da materia reflectirá o rendemento real do alumnado, sen superar 4,9.  Na segunda oportunidade (extraordinaria) conservarase a cualificación das actividades xa superadas; o alumnado deberá realizar o exame e/ou os traballos non superados. A parte correspondente ás prácticas de aula non realizadas ou non superadas avaliarase mediante unha actividade equivalente , de xeito que o alumnado poida optar á máxima cualificación.   

AVALIACIÓN GLOBAL 
De acordo cos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre a Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Aprendizaxe do Estudantado (aprobado polo Claustro da UVigo o 18 de abril de 2023), calquera estudante poderá optar pola avaliación global en lugar da continua, comunicándoo ao profesorado. Esta elección supón a renuncia ás cualificacións obtidas naavaliación continua. Así mesmo, o alumnado que non realice as actividades de avaliación continua será avaliado pola modalidade global na data oficial do exame, sen necesidade de solicitude previa. A avaliación global consistirá nun exame final específico (70%) e nunha proba práctica realizada na data oficial do exame ou traballo práctico de entrega (30%). O exame da avaliación global avalía os mesmos resultados de aprendizaxe da materia e permite ao alumnado optar á máxima cualificación. A non asistencia ás aulas non repercutirá negativamente na cualificación nin será requisito preceptivo. Conforme ao establecido no Regulamento, a descrición e o peso das probas da avaliación global figuran nesta guía docente; o seu desenvolvemento detallado desenvolverase en Blackboard.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000