Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Profesorado de E.X.B.
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou prácticas que o alumnado deberá desenvolver.
Traballo tutelado Exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado a actividades autónomas do estudante.
Resolución de problemas Nas clases prácticas corríxense os exercicios (iniciados na aula ou na casa tras o estudo da materia), e despois coméntanse as dúbidas que puidesen quedar. Cada novo exercicio recolle aspectos esenciais do tema recén tratado e aspectos varios dos temas anteriores para propiciar unha retroalimentación da aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000