Guia docente 2021_22
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Biomédica
 Materias
  Sistemas mecánicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Valórase a asistencia e o seguimento das clases prácticas cun 20% da nota. 20 CG1
CG3
CE13
CT2
CT6
CT9
CT10
CT16
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación dos coñecementos adquiridos mediante un exame teórico-práctico. 80 CG1
CG3
CE13
CT2
CT6
CT9
CT10
CT16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia
aprobase si se obtén unha cualificación* igual ou maior que un 5 como nota
final, da seguinte forma:


1. A asistencia con aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática, a cualificación das memorias entregadas en cada práctica e os traballos tutelados, terán unha valoración máxima de 2 puntos da nota final, esta cualificación conservarase na segunda edición da convocatoria. Para poder ser avaliado neste apartado o alumno deberá asistir a un mínimo de 7 prácticas.


2. Para os alumnos que soliciten renuncia á avaliación continua e a teñan oficialmente aceptada, existirá un exame final de Laboratorio cunha valoración máxima de 2 puntos. Se o alumno desexa realizar dita proba, debe facer unha solicitude ao profesor duas semanas antes do exame final de 1ªedición, para que o profesor prepare o material necesario.


3. O exame final terá unha valoración mínima de 8 puntos da nota final. 


4. Mediante a realización dun traballo opcional de simulación, cuxo contenido indicará o profesor, será posible a compensación dun problema que se identificará no examen final e terá unha valoración de ata 2 puntos. O alumno que realice o devandito traballo, no será cualificado no problema indicado do examen final, no seu lugar se lle valorará con un máximo de 2 puntos o traballo opcional de simulación xa comentado.


*Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de setembro). 


Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000