Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Turbomáquinas hidráulicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliación que poderá incluír:
- Resolución de problemas
- Informes de prácticas
- Cuestións prácticas de forma oral/escrita
10 B3
C8
C25
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final escrita na data oficial indicada pola Escola que poderá constar de:
- Cuestións teóricas/prácticas
- Resolución de exercicios/problemas
- Tema a desenvolver
Nota mínima requirida: 4 sobre 10.
40 B3
C8
D2
D9
D10
- -
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial escrita que poderá constar de:
- Cuestións teóricas/prácticas
- Resolución de exercicios/problemas
- Tema a desenvolver
20 B3
C8
C25
D2
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial escrita que poderá constar de:
- Cuestións teóricas/prácticas
- Resolución de exercicios/problemas
- Tema a desenvolver
20 B3
C8
C25
D2
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial escrita que poderá constar de:
- Cuestións teóricas/prácticas
- Resolución de exercicios/problemas
- Tema a desenvolver
10 B3
C8
C25
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación global:

nas dúas edicións oficiais, a renuncia á avaliación continua e a elección do sistema de avaliación global realizarase seguindo o procedemento e o prazo establecido polo centro. Consistirá nun único exame escrito na data oficial fixada pola Escola, que terá un peso do 100% da nota, e avaliaranse todos os contidos teóricos e prácticos da asignatura.

Avaliación continua: Convocatoria Ordinaria.

Consistirá en distintas probas realizadas durante a impartición da asignatura e unha proba final na data oficial previamente fixada polo centro. Nesta proba final, esixirase unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder aprobar a asignatura. Para aprobar, a nota final deberá ser, polo menos, de 5 sobre 10. No caso de non alcanzar a nota mínima no exame final, ao estudante outorgaráselle unha nota de 4.5.

Avaliación continua: Convocatoria Extraordinaria.

O estudante poderá decidir nos prazos establecidos se mantén a nota da parte práctica e probas parciais da avaliación continua (60%), ou se renuncia a ela e opta pola avaliación global. A proba realizarase na data oficial previamente fixada polo centro. Nesta proba final, esixirase unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder aprobar a asignatura. Para aprobar, a nota final deberá ser, polo menos, de 5 sobre 10. No caso de non alcanzar a nota mínima no exame final, ao estudante outorgaráselle unha nota de 4.5.

Comportamento ético: Esperase que o estudante presente un comportamento ético adecuado, prestando especial atención ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000