Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Optimización de produtos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Resolución de problemas concretos que describan situacións reais na industria química e de proceso. 20 B3
B4
B8
C20
D2
D6
D9
D10
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de cuestións e/ou exercicios teórico-prácticos aplicando os coñecementos adquiridos a realizar na semana 9. 40 B3
B4
B8
C20
D2
D6
D9
D10
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de cuestións e/ou exercicios teórico-prácticos aplicando os coñecementos adquiridos a realizar na data fixada polo centro. 40 B3
B4
B8
C20
D2
D6
D9
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnos con avaliación continua:


-Aqueles alumnos que obteñan polo menos o 50% da nota da proba práctica que se realizará a metade do cuadrimestre (semana 9) poden optar por liberar esa materia no exame final.

-Na segunda convocatoria non se conserva a nota da primeira proba de avaliación continua.

-Alumnos con renuncia oficial á avaliación continua:

Para aqueles alumnos con renuncia á avaliación continua concedida oficialmente polo centro o exame final incluirá unha parte específica dos casos prácticos e valerá o 100% da nota.

Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será acorde á normativa vixente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000