Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Teoría de máquinas e mecanismos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliaranse nun exame final escrito na data establecida no calendario de exames. Nesta proba avaliaranse de xeito conxunto todos os contidos desenvolvidos na materia. 40 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia e a participación do alumno nas prácticas de laboratorio e as memorias de práctica 20 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios Formularanse varias probas de resolución de problemas en Moovi que se resolverán de xeito virtual. A celebración destas probas será programada con suficiente antelación e tendo en conta o disposto na normativa vixente. 40 B3
B4
C13
D2
D6
D9
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Continua

1ª edición

A materia aprobarase se se obtén unha cualificación* igual ou maior que un 5 como nota final da seguinte forma:

  • A asistencia con aproveitamento ao Laboratorio/Aula informática/Aula equivalente, a cualificación das memorias entregadas/cuestionarios en cada práctica e os traballos desenvolvidos terán unha valoración máxima de 2 puntos da nota final. Para sumar a nota de prácticas precísase a asistencia a un mínimo de 7 prácticas.
  • As probas de resolución de problemas en Moovi terán unha valoración máxima de 4 puntos da nota final.
  • O exame final terá unha valoración máxima de 4 puntos da nota final. Establécese un mínimo de 1.6 sobre 4 nesta parte do sistema de avaliación para superar a materia. De non obter este mínimo na proba de exame final, a cualificación final será a nota desta proba ponderada sobre 10.

2ª Edición

Na segunda edición, poderanse recuperar as probas de resolución de problemas, de xeito que a proba final terá unha valoración máxima de 8 puntos con unha puntuación mínima de 3.2 (sobre 8). A calificación das persoas que non acaden o mínimo nesta parte será a calificación da proba de resolución de problemas ponderada sobre 10 puntos.

Avaliación Global

Aquelas persoas que opten ao sistema de avaliación global seguindo os mecanismos establecidos pola Escola de Enxeñaría Industrial, o seu sistema de avaliación consistirá nos seguintes apartados:

  • Avaliación da parte práctica: Esta proba consiste na resolución de unha serie de cuestións relacionadas cos contidos impartidos nas sesións prácticas da materia. Terá unha valoración máxima de 2.
  • Proba de resolución de problemas e/ou exercicios: O exame final terá unha valoración máxima de 8 puntos da nota final. Establécese un mínimo de 3.2 sobre 8 nesta parte do sistema de avaliación. De non obter o mínimo na proba de exame final, a cualificación final será a nota desta proba ponderada sobre 10.

Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

*Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003 de 5 de setembro, BOE de 18 de *setembro).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000