Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Sistemas electrónicos dixitais
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral O alumnado ten ocasión de acudir a titorías personalizadas nos despachos do profesorado da materia no horario establecido ao comezo do curso e que está publicado na páxina WEB da materia (Moovi). Nestas titorías o profesorado da materia resolve as dúbidas do alumnado sobre os contidos impartidos nas leccións maxistrais e dáselle orientación sobre como abordar o estudo.
Prácticas de laboratorio O alumnado pode expoñer en titorías personalizadas co profesorado da materia as dificultades para levar a cabo os traballos previos recomendados para realizar as prácticas e recibirán indicacións para superalas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000