Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado deberá resolver de xeito autónomo, e entregar periódicamente, os problemas ou exercicios formulados polo docente.

Valoraranse tanto os resultados acadados, como o procedemento seguido na súa execución.

Dacordo ca lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10.
10 CG3
CE4
CT2
CT10
Exame de preguntas obxectivas A finalidade desta proba, que se levará a cabo na data da convocatoria ofical de exames, é avaliar o nivel de coñecementos teóricos acadado polo alumno nas sesións de aula. Serán probas escritas tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno poderá acadar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, de acordo ca lexislación vixente. 40 CG3
CE4
CT10
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación dos coñecementos acadados polo alumno nos seminarios de problemas, farase mediante unha proba escrita, na convocatoria oficial de exames, na que o alumno deberá resolver 4 ou 5 problemas relacionados ca materia obxecto de estudo.

A proba cualificaranse, segundo a lexislación vixente, cunha cualificación final numérica comprendida entre 0 e 10.
40 CG3
CE4
CT2
CT10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O remate de cada práctica o alumno ou alumna deberá responder a unha cuestión relacionada coa mesma ou elaborar un informe detallado, no que se inclúan aspectos tales como: obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese, a redacción e presentación do informe, así como a aportación persoal do alumno ou alumna.

A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados ó longo do curso e/ou da proba oral ou escrita que o profesor poderá realizar de cada práctica.
10 CE4
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os
exames finais tipo test e de problemas soamente se considerarán na ponderación
final cando teñan unha cualificación superior ou igual a 4. No caso de que a
nota media sexa maior ou igual de 5, pero a cualificación dalgún dos
exames de teoría ou problemas sexa inferior a 4, será esa nota limitante, que
non permite facer a media, a que figurará na acta. A asistencia a algunha sesión de prácticas ou a algunha proba de seminario implica que o alumno está a ser avaliado, polo que a súa cualificación na acta non poderá ser "non presentado".

Para
a segunda convocatoria mantéñense as cualificacións de avaliación continua
(tanto das probas dos seminarios de problemas como de prácticas)
obtidas ao longo do curso, así como as cualificacións iguais ou
superiores a 5 das probas tipo test ou de problemas obtidas na primeira
convocatoria.

Aqueles alumnos que obteñan oficialmente a renuncia á avaliación continua realizarán, na data oficial de exames das dúas convocatorias, un exame de problemas e unha proba tipo test de teoría, que se ponderarán nun 50% cada unha das probas na súa cualificación final, sendo necesario obter unha cualificación superior ou igual a 4 en cada exame.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).










Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000