Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Industria 4.0
 Materias
  Competencias horizontais e xestión do talento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, no análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
No debate avalíanse coñecementos, habilidades e actitudes.
Obxectivos: Avaliar as habilidades de pensamento superior (análise e síntese).
18 A3
A4
B1
B3
B4
B5
C33
C34
D1
D2
D3
D4
Traballo tutelado Os/As estudantes, de maneira individual ou en grupo, realizan actividades, que poden ser:
- Traballos monográficos, procura de información en publicacións, bases de datos, artigos, libros... sobre un tema en concreto.
- Preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, conferencias, etc.
- Recensións sobre artigos científicos de actualidade.
- Proxectos (deseñar e e desenvolver proxectos).
Obxectivos:
- Adquirir e consolidar coñecementos
- Avaliar coñecementos.
- Desenvolver competencias e habilidades transversais
15 A1
A2
A4
B1
B4
B5
B7
C33
C34
D1
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades (preferentemente catro) cunha redución por fallo de valor igual á porcentaxe de acerto (-0.25 ptos. no caso de catro posibles
respostas si o valor da pregunta fose 1 pto.).
O exame de preguntas obxectivas só avalía coñecementos. Non avalía habilidades nin actitudes. Avalía habilidades do pensamento
inferior. Avalía coñecementos, comprensión e aplicación.
20 A1
A2
A3
B2
B4
C33
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Na presentación avalíanse coñecementos, habilidades e actitudes.
Os obxectivos son avaliar as habilidades de pensamento superior (análise e síntese).
17
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e
rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É
posible valorar aprendizaxes e accións e como levan a cabo valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia...O obxectivo é avaliar as habilidades de pensamento superior.
30 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B7
C33
C34
D1
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os/As estudantes que non superen a materia en formacion continua na convocatoria de primeira oportunidade, de cada curso académico, na que a distribución de pesos de avaliación é a anteriormente indicada, terán a posibilidade de presentarense a un exame de preguntas obxectivas, de valor o 100% da nota final, en sucesivas convocatorias que non sexan a de primeira oportunidade de cada curso académico.

Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados,...), considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderase concluír que o alumnado non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do alumnado un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, coordinación e persoal de admnistración e servizos do mestrado. Calquera cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do alumnado poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000